PARA IDEAS CLARAS LAS DEL PSOE DE TEO

Publicado en por AZOTADOR

Grupo Municipal Socialista de Teo                                                                                MO: 08-23
MOCIÓN PRESENTADA POLO GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA Ó PLENO DA CORPORACIÓN DE TEO Ó AMPARO DO DISPOSTO NOS ARTIGOS 91.4 e 97 DO REAL DECRETO 2568/1986, DO 28 DE NOVEMBRO, POLO QUE SE APROBA O REGULAMENTO DE ORGANIZACIÓN, FUNCIONAMENTO E RÉXIME XURÍDICO DAS ENTIDADES LOCAIS
ASUNTO: Proposta de elaboración dun Plan Municipal Integral de Actuación en Seguridade Pública.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
A seguridade cidadá é un dos valores propios da sociedade do benestar e un presuposto fundamental para o exercicio da liberdade e dos dereitos de cidadanía.
Ningún cidadán, independentemente da sua condición social, sexual, relixiosa, ou da sua adscripción territorial pode quedar privado ou menoscabado do seu dereito a sentirse seguro, que é tanto como decir, sentirse libre.
A garantía da seguridade cidadá  para o exercicio dos dereitos e libertades ha ser un dos obxectivos prioritarios das sociedades democráticas avanzadas.
O artigo 17 da vixente Constitución española consagra o dereito á liberdade e á seguridade dos cidadáns como un dos dereitos fundamentais asociado ás liberdades públicas. E o artigo 104 do mesmo texto constitucional encoméndalle ás forzas e corpos de seguridade a protección do libre exercicio dos dereitos e liberdades e a garantía da seguridade cidadá.
Pola súa parte, a Ley Reguladora de las Bases de Régimen Local (Lei 7/1985), no seu artigo 25.2 e a Lei da Administración Local de Galicia (Lei 5/1997 de 22 de xullo), no seu artigo 80.2 recoñecen como competencia municipal nos termos da lexislación do Estado e da Comunidade Autónoma “a seguridade en lugares públicos”.
A Ley Orgánica 2/1986, de 13 de marzo, de Fuerzas y Cuerpos de Seguridad que se fundamenta no artigo 104 da Constitución Española, no seu Preámbulo recolle a posibilidade de “constituír juntas de seguridad en los municipios que dispongan de cuerpos de policía propios, para armonizar su actuación y la de los Cuerpos y Fuerzas de Seguridad del Estado, como mecanismo complementario de cooperación operativa”.
A política de seguridade cidadá que os socialistas de Teo propugnamos para o noso concello ha centrar os seus esforzos na atención prioritaria ás políticas de prevención, sen descartar por suposto ás medidas estrictamente policiais, impulsando políticas de solidariedade e integración social para combatir a marxinalidade e previr a delincuencia, e dando resposta de maneira integral á complexidade desta problemática a través dun Plan Integral de Actuación no que participen activamente as forzas e corpos de seguridade, especialmente a policía local, os departamentos municipais de Servizos Sociais, Muller, Xuventude, Urbanismo, etc., e a propia sociedade civil.
Aínda que o problema de seguridade cidadá no noso termo municipal non acadou ata o de agora niveis alarmantes, si é certo que nos últimos tempos incrementouse a preocupación cidadá por este asunto diante da vaga de roubos en vivendas unifamiliares e establecementos comerciais.
Compre, pois, que o concello de Teo reforce o seu papel neste eido da seguridade cidadá facendo uso das prerrogativas e competencias que lle confire a Lei, por moi limitadas que estas sexan, como certamente son, sobre de todo no que a recursos económicos e materiais se refire.
A política de seguridade cidadá, dende o noso punto de vista hase fundamentar nestes tres eixes vertebradores:
·        a coordinación das forzas de seguridade. Nesa liña un dos mecanismos formais de que dispoñen os concellos para garantir maiores cotas de seguridade aos seus concidadáns son as Xuntas Locais de Seguridade que se contemplan no artigo 54 da Ley orgánica 2/1986 do 13 de marzo de las Fuerzas y Cuerpos de Seguridade. Dacordo con este texto legal a Xunta Local de Seguridade sería o órgano competente para establecer as formas e procedementos de colaboración entre os Corpos e Forzas de Seguridade do Estado e a Policía Local, no ámbito territorial municipal. Recentemente, o pleno da corporación aprobou por unanimidade a creación desta Xunta Local de Seguridade mais quedou pendente a aprobación do seu regulamento de funcionamento.
·        a participación da sociedade civil. Como medida complementaria a anterior sería indispensable a creación dun Consello Local de Seguridade como organismo de participación cidadán integrado por persoas cualificadas e representantes dos colectivos sociais, gremiais, profesionais, etc., interesados en contribuir activamente na tarefa da seguridade pública nas suas diversas manifestacións.
·        partir en todo caso dunha concepción integral das políticas de seguridade onde, ademais das actuacións estrictamente policiais, a prevención da delincuencia sexa o factor angular destas políticas.
PROPOSTA DE RESOLUCIÓN:
Porén, tendo en conta o anteriormente exposto, o GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA de Teo, somete a consideración do Pleno a seguinte proposta de resolución:
1.- Elaboración por parte do goberno municipal dun borrador de Plan Integral de Actuación para previr a delincuencia e mellorar a convivencia cidadá para someter a aprobación do Pleno antes do vindeiro mes de decembro do presente ano 2008. Como xa se dixo na exposición de motivos na elaboración deste Plan debense involucrar os servizos de policía local e os departamentos municipais de Servizos Sociais, Muller, Xuventude, Urbanismo, etc. e se faría necesario tomar unha serie de medidas puntuais entre as que se atoparían:
·        aprobación dunha nova Ordenanza de Convivencia Cidadá para establecer os dereitos e deberes veciñais e o réxime disciplinario e sancionador en relación coa convivencia e o uso dos espazos públicos.
·        programas contra a violencia de xénero.
·        programas integrais de seguridade no contorno dos centros escolares co fin de mellorar a convivencia e a seguridade nos mesmos.
·        programas contra o vandalismo e a degradación urbana co obxectivo de previr e combatir conductas antisociais.
·        actividades de ocio xuvenil alternativo contra do abuso do alcol e as drogas.
·        programas que favorezan a integración do colectivo de inmigrantes cada vez máis numeroso no noso concello, así como a promoción de políticas de igualdade, etc..
2.- Levar ao vindeiro pleno ordinario da Corporación que se realizará a finais do presente mes de xuño o proxecto de Regulamento de Organización e Funcionamento da Xunta Local de Seguridade de Teo para que, previo ditame da comisión informativa pertinente, sexa aprobado pola corporación e se poida de contado proceder á constitución formal desta Xunta Local de Seguridade.
3.- Unha vez constituída esta Xunta Local deberase aprobar no seo da mesma esta un primeiro Plan Local de Seguridade centrada na coordinación operativa das forzas policiais e que inclúa programas de actuación que teñan como obxectivo desenvolver a actuación policial conxunta e planificada dos corpos de seguridade existentes no noso termo municipal (policía municipal e garda civil).
4.- Creación do Consello Local de Seguridade antes do mes de novembro do presente ano como organismo de participación cidadán integrado por persoas cualificadas e representantes dos colectivos sociais, gremiais, profesionais, etc., interesados en contribuir activamente na tarefa da seguridade pública nas suas diversas manifestacións.
5.- Adopción de medidas para a mellora, modernización e calidade no servicio de policía local, entre as que salientaríamos como prioritarias as seguintes:
·        ampliación da plantiña da policía local ata chegar a cumprir antes de finais do ano 2010 as ratios recomendadas polos organismos competentes en materia de seguridade, isto é,  alomenos un policía local por cada 1000 habitantes.
·        execución das obras do edificio da policía local.
·        mellora da dotación dos recursos e equipamentos técnicos da policía local para o efectivo e adecuado cumprimento das suas obrigas.
·        Programas de formación dos axentes policiais nas políticas de igualdade, políticas contra da violencia de xénero, etc.                                        (Teo, xuño de 2008)

Asdo. J. Carlos Rego Jorge
Concelleiro-portavoz do Grupo Municipal Socialista de Teo

Asdo. J. Carlos Rego JorgeConcelleiro-portavoz do Grupo Municipal Socialista de Teo

XUNTA LOCAL DE SEGURIDADE ¡¡¡¡ YA !!!!

Publicidad
Para estar informado de los últimos artículos, suscríbase:
Comentar este post
A

joder desde o 2008, xa les vale os do BNG.
non teñen puto interes por nada, solo mangonear

Responder
A

CON EL SR. BLANCO PODIA HABER LA ´EXCUSA`DE SU DEJADEZ A LA CARALLADA Y CACHONDEO CON SU " HOLA VECIÑ@ ",INCLUSO REIRNOS PORQUE " É COMO É "...PERO ESTE GOBIERNO DEL BNG TEENSE ESTÁ MUCHO MÁS
PREPARADO INTELECTUALMENTE Y SE SUPONE QUE QUERIAN HACER UN TEO TOTALMENTE DIFERENTE AL ANTERIOR GOBIERNO....

....LA REALIDAD ES QUE VAN HACER DEL SR. BLANCO Y DEL SR. PAJARO LOS BUENOS DEL CONCELLO.