UNA MOCIÓN POR Y PARA EL PUEBLO

Publicado en por AZOTADOR

Mo: 11-01

MOCIÓN DE URXENCIA PRESENTADA POLO GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA Ó PLENO DA CORPORACIÓN DE TEO Ó AMPARO DO DISPOSTO NO ARTIGO 91.4 DO REAL DECRETO 2568/1986, DO 28 DE NOVEMBRO, POLO QUE SE APROBA O REGULAMENTO DE ORGANIZACIÓN, FUNCIONAMENTO E RÉXIME XURÍDICO DAS ENTIDADES LOCAIS.

ASUNTO: Proposta de xuntanza urxente da Xunta Local de Seguridade para tratar o problema derivado da vaga de roubos que asola o noso concello e elaboración dun Plan Municipal Integral de Actuación en Seguridade Pública.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

Con data 25/xuño/2008, o Pleno da corporación de Teo aprobou unha moción presentada polo Grupo Municipal Socialista sobre da elaboración dun Plan Municipal Integral de Actuación en Seguridade Pública, que, por razóns para nós descoñecidas, nunca se executou.

Na exposición de motivos daquela moción presentabamos o noso argumentario sobre da necesidade de incorporar as políticas de seguridade na axenda de prioridades do goberno municipal. A vaga de roubos que asola o noso concello na actualidade pon de actualidade a necesidade de encarar o problema dende unha perspectiva global, independentemente da urxencia de abordar o problema inmediato que se nos presenta a partir da actuación coordinada das forzas e corpos de seguridade.

A seguridade cidadá é un dos valores propios da sociedade do benestar e un presuposto fundamental para o exercicio da liberdade e dos dereitos de cidadanía.

Ningún cidadán, independentemente da sua condición social, sexual, relixiosa, ou da sua adscripción territorial pode quedar privado ou menoscabado do seu dereito a sentirse seguro, que é tanto como decir, sentirse libre.

A garantía da seguridade cidadá  para o exercicio dos dereitos e libertades ha ser un dos obxectivos prioritarios das sociedades democráticas avanzadas.

O artigo 17 da vixente Constitución española consagra o dereito á liberdade e á seguridade dos cidadáns como un dos dereitos fundamentais asociado ás liberdades públicas. E o artigo 104 do mesmo texto constitucional encoméndalle ás forzas e corpos de seguridade a protección do libre exercicio dos dereitos e liberdades e a garantía da seguridade cidadá.

Pola súa parte, a Ley Reguladora de las Bases de Régimen Local (Lei 7/1985), no seu artigo 25.2 e a Lei da Administración Local de Galicia (Lei 5/1997 de 22 de xullo), no seu artigo 80.2 recoñecen como competencia municipal nos termos da lexislación do Estado e da Comunidade Autónoma “a seguridade en lugares públicos”.

A Ley Orgánica 2/1986, de 13 de marzo, de Fuerzas y Cuerpos de Seguridad que se fundamenta no artigo 104 da Constitución Española, no seu Preámbulo recolle a posibilidade de “constituír juntas de seguridad en los municipios que dispongan de cuerpos de policía propios, para armonizar su actuación y la de los Cuerpos y Fuerzas de Seguridad del Estado, como mecanismo complementario de cooperación operativa”.

Por último, a través do Real Decreto 1087/2010, de 3 de septiembre aprobouse o Reglamento que regula las Juntas Locales de Seguridad.

A política de seguridade cidadá que os socialistas de Teo propugnamos para o noso concello ha centrar os seus esforzos na atención prioritaria ás políticas de prevención, sen descartar por suposto ás medidas estrictamente policiais, impulsando políticas de solidariedade e integración social para combatir a marxinalidade e previr a delincuencia, e dando resposta de maneira integral á complexidade desta problemática a través dun Plan Integral de Actuación no que participen activamente as forzas e corpos de seguridade, especialmente a policía local, os departamentos municipais de Servizos Sociais, Muller, Xuventude, Urbanismo, etc., e a propia sociedade civil.

Aínda que o problema de seguridade cidadá no noso termo municipal non acadou ata o de agora niveis alarmantes, si é certo que nos últimos tempos incrementouse a preocupación cidadá por este asunto diante da vaga de roubos en vivendas unifamiliares e establecementos comerciais.

Compre, pois, que o concello de Teo reforce o seu papel neste eido da seguridade cidadá facendo uso das prerrogativas e competencias que lle confire a Lei, por moi limitadas que estas sexan, como certamente son, sobre de todo no que a recursos económicos e materiais se refire.

A política de seguridade cidadá, dende o noso punto de vista hase fundamentar nestes tres eixes vertebradores:

• a coordinación das forzas de seguridade. Nesa liña un dos mecanismos formais de que dispoñen os concellos para garantir maiores cotas de seguridade aos seus concidadáns son as Xuntas Locais de Seguridade que se contemplan no artigo 54 da Ley orgánica 2/1986 do 13 de marzo de las Fuerzas y Cuerpos de Seguridade. Dacordo con este texto legal a Xunta Local de Seguridade sería o órgano competente para establecer as formas e procedementos de colaboración entre os Corpos e Forzas de Seguridade do Estado e a Policía Local, no ámbito territorial municipal.

• a participación da sociedade civil. Como medida complementaria a anterior sería indispensable a creación dun Consello Local de Seguridade como organismo de participación cidadán integrado por persoas cualificadas e representantes dos colectivos sociais, gremiais, profesionais, etc., interesados en contribuir activamente na tarefa da seguridade pública nas suas diversas manifestacións.

• partir en todo caso dunha concepción integral das políticas de seguridade onde, ademais das actuacións estrictamente policiais, a prevención da delincuencia sexa o factor angular destas políticas.

Por outra banda, o Pleno da Corporación de Teo con data 26/marzo/2008 aprobou a creación da Xunta Local de Seguridade, organismo que, ademáis da competencia xenérica de establecer las formas y procedimientos de colaboración entre los miembros de las Fuerzas y Cuerpos de Seguridad no ámbito territorial local, ten asemade, entre outras, as seguintes competencias según o Real Decreto 1087/2010, de 3 de septiembre que aprobou o Reglamento que regula las Juntas Locales de Seguridad:

• “analizar y valorar la situación de la seguridad ciudadana en el municipio.”

• “elaborar el Plan Local de Seguridad e impulsar la elaboración de planes conjuntos de seguridad ciudadana y de seguridad vial.”

• proponer las prioridades de actuación, las acciones conjuntas y las campañas de prevención que contribuyan a la mejora de la seguridad ciudadana y la seguridad vial”·

Cos datos obrantes, este Grupo Municipal non ten coñecemento fundado de que esta Xunta Local de Seguridade se reunira algunha vez e moito menos de que exista xa un Plan Municipal de Seguridade elaborado por ese organismo.

PROPOSTA DE RESOLUCIÓN:

Porén, tendo en conta o anteriormente exposto, o GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA de Teo, somete a consideración do Pleno a seguinte proposta de resolución:

1.- Proceder á constitución formal da Xunta Local de Seguridade e analizar con carácter de urxencia a situación actual en materia de seguridade cidadá.

2.- Unha vez constituída esta Xunta Local deberase aprobar no seo da mesma esta un primeiro Plan Local de Seguridade centrada na coordinación operativa das forzas policiais e que inclúa programas de actuación que teñan como obxectivo desenvolver a actuación policial conxunta e planificada dos corpos de seguridade existentes no noso termo municipal (policía municipal e garda civil).

3.- Elaboración por parte do goberno municipal dun borrador de Plan Integral de Actuación para previr a delincuencia e mellorar a convivencia cidadá para someter a aprobación do Pleno antes de que remate a presente lexislatura. Como xa se dixo na exposición de motivos na elaboración deste Plan debense involucrar os servizos de policía local e os departamentos municipais de Servizos Sociais, Muller, Xuventude, Urbanismo, etc. e se faría necesario tomar unha serie de medidas puntuais entre as que se atoparían:

• aprobación dunha nova Ordenanza de Convivencia Cidadá para establecer os dereitos e deberes veciñais e o réxime disciplinario e sancionador en relación coa convivencia e o uso dos espazos públicos.

• programas contra a violencia de xénero.

• programas integrais de seguridade no contorno dos centros escolares co fin de mellorar a convivencia e a seguridade nos mesmos.

• programas contra o vandalismo e a degradación urbana co obxectivo de previr e combatir conductas antisociais.

• actividades de ocio xuvenil alternativo contra do abuso do alcol e as drogas.

• programas que favorezan a integración do colectivo de inmigrantes cada vez máis numeroso no noso concello, así como a promoción de políticas de igualdade, etc..

4.- Levar ao vindeiro pleno ordinario da Corporación o proxecto de Regulamento de Organización e Funcionamento da Xunta Local de Seguridade de Teo para que, previo ditame da comisión informativa pertinente, sexa aprobado pola corporación.

5.- Creación do Consello Local de Seguridade antes do mes de novembro do presente ano como organismo de participación cidadán integrado por persoas cualificadas e representantes dos colectivos sociais, gremiais, profesionais, etc., interesados en contribuir activamente na tarefa da seguridade pública nas suas diversas manifestacións.

6.- Darlle prioridade na convocatoria de prazas (Oferta Pública de Emprego) para o 2011 á ampliación de plantiña da Policía Local para dar cumprimento (antes de que remate o presente ano) á recomendación de expertos e organismos competentes en materia de seguridade que establece unha ratio de alomenos un policía local por cada 1000 habitantes, que no caso do concello de Teo sería pasar dos 9 actuais aos 19 que se derivan da actual poboación do noso municipio (xa na resolución plenaria aprobada o 25/xuño/2008, a instancias do Grupo Socialista, marcabase este obxectivo para “antes de finais de 2010”. Naturalmente este acordo non foi cumprido polo Gobermo Municipal).

Asdo. Jano Leis

Concelleiro-portavoz do Grupo Municipal Socialista de Teo

ESTA ES LA PRUEBA DE QUE EL PSOE TEENSE CON SU SECRET. XERAL EL SR. LEIS SON LOS ÚNICOS QUE MIRAN POR L@S VECIN@S TEENSES...TODO LO DEMÁS SON EXCUSAS TONTAS Y MENTIRA TRAS MENTIRA....

.¿QUÉ DIRÁN AHORA L@S DEFENSORES/AS DE LA DIFAMACIÓN Y LA FALSEDAD?.

.YA SON VARIAS LAS PRUEBAS QUE HACEN PONER A CADA UN@ EN SU LUGAR...YA SABEMOS QUE LA MENTIRA TIENE UNAS PIERNAS MUY CORTAS,Y ESTE GOBIERNO DEL BNG TEENSE YA ESTÁ DEMASIADO CADUCO.

SACAMOS EN CONCLUSIÓN QUE TANTO EL PP,COMO EL PP E INTEO,COMO AHORA EL BNG NOS HAN MENTIDO,OCULTADO Y MANIPULADO A SUS INTERESES TANTO PERSONALES COMO IDEOLÓGICOS.

TEO NECESITA UN CAMBIO Y PESE A QUIEN LE PESE (Y POR MUCHO QUE LO INTENTAN),ESE CAMBIO SE LLAMA PSOE DE TEO...Y MI APUESTA PERSONAL POR SU TRABAJO,SACRIFICIO Y ESFUERZO,EL SR. JANO LEIS (QUIEN SABE SI SERÁ CANDIDATO),PUES COMO YA VEMOS COMO LA VERDAD VA SALIENDO POQUITO A POCO.

GRACIAS PSOE DE TEO,GRACIAS GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA.

Publicidad
Para estar informado de los últimos artículos, suscríbase:
Comentar este post
A

¿recibíchedes a nova "Gaceta Socialista"? está de puta madre. Di verdades como puños. E no caso dos presupostos si é verdade o que di creo que alguen tería que marcharse xa.

Responder
A

ME HE CONSGUIDO UNA,POR MI ZONA AUN NO HAN LLEGADO...EL PRÓXIMO ESCRITO SERÁ SOBRE ESE TEMA.

A

Pois para mostra, un botón. E o Martiño chámalle "oportunismo". ¡Qué jeta! O nome é: envexa.

Responder
A

Busque, compare y se encuentra algo mejor, cómprelo. ¿Lembrades aquel eslogan publicitario que se fixo tan famoso? Pois aplicado a Teo, o mesmo: a ver si alguen demostra algo mellor que o que fai o
PSOE en Teo.

Responder
A

pluma amiga, si o, creo que o revés..... esta mais solo que a unha.........en canarias

Responder
A

E o señor Noriega agora espabila. aí están os resultados dunha boa oposición constructiva. por iso tenlle tanto medo ao PSOE

Responder
A

DE AHÍ LA ´PLUMA `AMIGA CON SUS DES-INFORMACIONES